cantigasderomaria.org Open in urlscan Pro
94.23.82.143  Public Scan

Submitted URL: https://mail.cantigasderomaria.org/
Effective URL: https://cantigasderomaria.org/
Submission: On June 14 via api from US — Scanned from ES

Form analysis 0 forms found in the DOM

Text Content

Gestionar el consentimiento de las cookies


Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies
para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento
de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de
navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar
el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y
funciones.
Funcional Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito
legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado
por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la
transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones
electrónicas.
Preferences Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of
storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical
purposes. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con
fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario
por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales
de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito
no se puede utilizar para identificarte.
Marketing Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario
para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web
con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about
these purposes

Aceptar Denegar Ver preferencias Guardar preferencias Ver preferencias
Política de cookies {title} {title}
Saltar ao contido
Menú
Menú
 * Introdución
 * Sobre o corpus
 * Contacto
 * Mapas
 * Bibliografía
 * Créditos
 * Como citar


INTRODUCIÓN

As cantigas de amigo constitúen, xunto coas cantigas de amor e as cantigas
d’escarnio e maldizer, un dos xéneros canónicos da lírica galego-portuguesa. O
seu corpus textual ascende a máis de cincocentas pezas, transmitidas,
principalmente, nos manuscritos B (Cancioneiro da Biblioteca Nacional de
Portugal – Colocci Brancuti, cód. 10991) e V (Cancioneiro da Biblioteca
Vaticana, cód. 4803), mandados copiar en Roma polo humanista Angelo Colocci
arredor de 1525 a partir dun códice perdido. Da época de produción dos textos,
só chegou á actualidade o famoso Pergamiño Vindel (New York, Pierpont Morgan
Library, ms. M.979), datado a finais do século XIII e que, como é coñecido,
preservou as sete cantigas do xograr Martin Codax (seis delas acompañadas da
correspondente notación musical). Polo número de textos conservados, as cantigas
de amigo son o maior corpus de lírica de voz feminina da Europa medieval.

Atendendo aos datos biográficos que se desprenden dos trobadores presentes nos
cancioneiros, o xénero comezou a cultivarse cara a finais do século XII (cf.
Airas Carpancho e Fernan Rodriguez de Calheiros), e a súa cadea textual
continuou de maneira ininterrompida ata a época final do movemento trobadoresco
(ca. 1350, cf., por exemplo, os nomes de Estevan Coelho e Estevan da Guarda).

A maior parte das cantigas de amigo preséntanse baixo a forma do monólogo e, en
menor medida, do diálogo coa nai, coa confidente ou co propio amigo. As
composicións teñen como eixo temático dominante a coita da moza por non poder
acudir á cita co amigo ou pola partida ou o afastamento de este, cuxa ausencia
prolongada levanta, ás veces, a sospeita da mentira ou a traizón. Porén, un
número restrinxido de textos expresan a alegría feminina, que obedece,
fundamentalmente, ao regreso do amado. Ademais destes temas habituais, o
repertorio poético transmitido ofrece exemplos illados de innovación semántica e
outros que dan conta das conexións coa cantiga de amor, ao mostrar unha muller
que exhibe o seu poder na relación e que se revela enérxica e mesmo indiferente
ante a tristeza do amante.

Desde o punto de vista formal, o xénero privilexia a estrutura da cantiga de
refran, xa que as denominadas cantigas de meestria (i.e, as que carecen de
retrouso por influencia dos modelos provenzais) ofrecen un índice de frecuencia
pouco significativo. Por outra parte, é nas cantigas de amigo onde o paralelismo
–ligado en ocasións á técnica do leixapren– presenta un cultivo máis habitual.
Así pois, a cantiga de amigo maniféstase como unha experiencia poética variada,
xa que nela converxen elementos tradicionais que afondan as súas raíces na
cultura pagá e outros marcados pola prestixiosa estética cortés dos trobadores
occitanos. Sen dúbida, a voz feminina é o ‘sinal de identidade’ do xénero, o
mecanismo discursivo que permite que se enfíen nos textos toda unha serie de
temas e motivos que singularizan o enunciado poético.

Cantigas de amigo e cantigas de romaría / santuario

Dentro das cantigas de amigo, hai un grupo de textos da autoría de vinte e un
poetas que dotaron os seus versos dun selo único ao situalos nunha ermida,
santuario ou igrexa. Na maioría dos casos, cada trobador ou xograr menciona un
haxiotopónimo propio, que se converte nun signo de autoría que non pasa
desapercibido para os expertos na materia nin para os propios lectores das
pezas. Nos mapas que figura a seguir, aparecen xeorreferenciados os santuarios
citados ou evocados neses textos, ao tempo que se inclúen — sempre que sexa
posible — as imaxes actuais daqueles escenarios xeográficos que estableceron un
vínculo intrínseco entre un autor e un territorio distinguido pola existencia
dun peculiar espazo sagrado. Naqueles casos en que o topónimo suscite dúbidas
por existir outro(s) homónimo(s), ofrécese en primeiro lugar o punto que,
segundo a crítica especializada, ten máis probabilidades de ser o referido nos
textos. Así mesmo, facilítase aos usuarios a bibliografía esencial para o estudo
das cantigas de romaría e fornécense ligazóns que vinculan cada autor á súa
biografía e ao seu corpus na MedDb (www.cip.gal/meddb), a Base de Datos de
Poesía Profana Gallego-Portuguesa do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación
en Humanidades.


©2024 Juan Escourido
Gestionar consentimiento
Galego
 * English