unhaamigaunhaaperta.com
Open in
urlscan Pro
82.98.171.112
Public Scan
Submitted URL: https://www.unhaamigaunhaaperta.com/
Effective URL: https://unhaamigaunhaaperta.com/
Submission: On May 13 via api from US — Scanned from ES
Effective URL: https://unhaamigaunhaaperta.com/
Submission: On May 13 via api from US — Scanned from ES
Form analysis
0 forms found in the DOMText Content
* Inicio * A asociación * Colabora * Contacto * Inicio * A asociación * Colabora * Contacto CONTACTA UNHA AMIGA SABER VER QUE PRECISAS UNHA APERTA Asociación de apoio a enfermos de cancro e a familias “Unha Amiga sabe ver que precisas unha aperta” é o nome da nova asociación que a sociedade civil de Santa Comba está a crear para axudar aos enfermos de cancro e as súas familias. Os promotores pretenden agrupar a doentes e familiares de enfermidades oncolóxicas tanto para compartir inquedanzas comúns, como para visibilizar a realidade e a esperanza dunhas enfermidades con crecente incidencia na Terra do Xallas. A entidade xorde dun grupo de afectados e de familiares que nos últimos anos tiveron ou teñen que convivir co cancro, unha enfermidade que aínda segue sendo case “tabú” na sociedade rural galega. Esta iniciativa tratará de dar luz a doentes e familiares, de compartir apoio e inquedanzas, de divulgar e de visibilizar o cancro como unha enfermidade superable. A asociación nace co inestimable apoio do cadro directivo e médico do Centro de Saúde de Santa Comba, consciente da necesidade que familiares e doentes desta enfermidade se relacionen e de que xurdan terapias psicolóxicas e actividades de promoción de hábitos saudables. Tamén o Concello de Santa Comba colaborará coa cesión de espazos para xuntanzas e actividades que promova a asociación. A primeira directiva estará presidida pola xalleira Ana María Ferreiro, con José Manuel Vázquez, Huelvis, como secretario. Dous dos principais obxectivos desta iniciativa asociativa son o de crear un programa de voluntariado testemuñal e social que sexa quen de reunir periódicamente a doentes e familiares; e realizar encontros con outras asociacións de saúde e/ou orientadas ao cancro para compartir inquedanzas e obxectivos e ir construindo unha rede de apoios para os doentes e familiares desta comarca. COLABORA CON NÓS Se queres aportar o teu gran de area a esta causa, podes facelo de diferentes xeitos. Infórmate facendo clic aquí NOVAS 1 DE MAIO – ANDAINA AMIGA 23 Abr 2024 O vindeiro 1 de maio organizamos unha nova andaina. Sairemos as 10 da mañá dende o centro sociocultural de Santa Comba e percorreremos 10km nunha camiñata de dificultade baixa. Ao rematar contaremos con unha serie de sorteos doados polos nosos colaboradores. Anótate... TALLER DE XESTIÓN EMOCIONAL A TRAVÉS DA MÚSICA 3 Abr 2024 O Centro Multidisciplinar Eloy Calvo e a asociación Unha Amiga sabe ver que necesitas unha aperta en colaboración co Concello de Santa Comba, continúan organizando os obradoiros de xestión emocional a través da música. Nesta sesión abordarase a psicomotricidade, a... UNHA AMIGA SABE VER QUE PRECISAS UNHA APERTA TELÉFONO 676 400 186 EMAIL info@unhaamigaunhaaperta.com DIRECCIÓN Santa Comba Copyright © 2024 All Rights Reserved.